Saltar ao contido

Galivelop Developer

Alias: GalivelopCode · Proximamente

O teu fluxo de traballo, con IA na túa máquina.

Galivelop Developer conecta o fluxo de traballo do obradoiro con axentes de IA que funcionan no teu propio ordenador. Eles levan o traballo do proxecto, ti decides que entra. Sen nube obrigatoria e sen pagar por cada uso.

As IA potentes viven na nube e pagan-se por uso

Para traballar en serio cunha IA hoxe hai que enviar o teu código fóra, depender dun servizo e asumir unha factura que medra co uso. E unha IA solta, sen método, fai cambios que ninguén pediu nin revisou.

Que che dá

Así funciona

  1. O teu fluxo marca o traballo: O plan e as tarefas do teu proxecto din que toca facer e con que límites.
  2. Un axente local fai o traballo á parte: Corre na túa máquina, nunha copia de traballo separada. A versión boa non se toca.
  3. Revísase antes de entrar: As comprobacións execútanse e o fluxo pide unha revisión antes de integrar o cambio.
  4. Ti dás o visto e prace: Só entón o cambio entra no teu proxecto.
Esquema de Galivelop Developer: dentro da túa máquina, o fluxo do obradoiro marca o traballo de tres papeis con modelo local (quen organiza, quen fai e quen revisa) e ti dás o visto e prace antes de que o cambio entre no teu proxecto.

Por que fiarse

Para quen é

Interésache? Escríbelle a Álvaro.

Está en desenvolvemento. Se queres probalo cando chegue ou contarnos o teu caso, escríbenos.

Sen prezos na web nin formulario: falámolo por correo. Conta que proxecto levas e que che gustaría que fixese a túa IA local.

Interésame, cóntame máis · alvarogarciagrana@gmail.com

Requisitos mínimos

O previsto para a primeira versión, probada nunha Steam Deck; pode axustarse antes de que saia.

Sistema
Linux de 64 bits (x86-64); tamén SteamOS
Memoria
9 GB libres para o modelo (5 GB co modelo de reserva); probado con 16 GB compartidos coa gráfica
Gráfica
Con Vulkan; vale a integrada
Software
Python 3.10 ou posterior e git; o motor de IA local, o asistente e os modelos instálaos el
Conexión
Internet para instalar e descargar os modelos; despois, a IA traballa no teu equipo
Permisos
Sen permisos de administrador: todo queda no teu cartafol persoal
Contas
Ningunha para traballar en local

Apartado técnico

Quen fai · Quen revisa · Quen organiza. Cada papel cúbreo o modelo local que mellor rende no teu equipo, medido, e pódese mesturar coa nube só se o queres.

IA
Local no teu equipo; nube opcional por papel
Fluxo
Galivelop-workflow, o do obradoiro
Medición
Banco de probas propio por papel
Código
Privado. Non se publica

Álvaro García Graña