
Galivelop IG
Pide, proba, elixe.
Un servizo local de xeración de imaxes con IA, un por máquina e compartido por todos os proxectos do obradoiro: recibe pedidos, xera intentos, deixa elixir un e entrégao co seu manifesto. Nada sae do equipo.
Cada proxecto do obradoiro necesita imaxes de marca: fondos para redes, pezas por formato, avatares. Non queremos que esas imaxes nin os seus pedidos saian do equipo, e tampouco repetir a mesma montaxe de modelos, colas e cartafoles en cada repositorio.
A resposta é un servizo por máquina que non coñece o dominio de ningún proxecto: recibe pedidos (unha clave e un perfil de imaxe), xera varios intentos, deixa marcar unha elixida e entrégaa como PNG cun manifesto que di que modelo, que parámetros e que semente a produciron, para poder reproducila. Fala por unha API HTTP local, pola orde gimg e por unha interface web de tres pantallas. O seu repositorio e a súa orde conservan o nome de traballo: galivelop-image-generator e gimg.
Hoxe o servizo está publicado na súa versión 0.6.0, co código aberto baixo licenza MIT: pedidos, intentos, elixida, entrega, cola e rexistro, o motor real con instalador, a composición de texto e logo sobre a imaxe, a medida de marca, unha API local e unha interface no navegador. Falta comprobar a man na Steam Deck o percorrido completo da interface e o arranque baixo demanda, e o piloto con World-Maker-Fantasy.
As imaxes e iconas desta web saen do xerador: as portadas por estado das fichas, as iconas e separadores do inicio, o marco dos retratos, as ilustracións da páxina 404, dos formularios e de «Como funciona», as cabeceiras do equipo e das novidades, as iconas dos grupos e os marcadores do avance das fichas, a banda de «Queres participar?», os avisos de lista baleira e de erro, as tarxetas de «proximamente» e a icona de Galivelop-workflow. Pedíronse coa folla de marca do portal, elixiuse un intento de cada pedido e as iconas pasáronse a vector coa propia orde gimg.
Tamén o implantamos no teu proxecto: escríbenos.
- Todo no equipo: Nada sae da máquina. O servizo só escribe no seu cartafol e no cartafol de entrega.
- Intentos e unha elixida: Cada intento é novo, candidata ou descartada; só unha queda elixida, e pódese desfacer.
- Entrega reproducible: A elixida sae como PNG cun manifesto: modelo, parámetros e semente.
- Cola con límites: Os pedidos van a unha cola persistente con límites, e todo queda nun rexistro JSONL.
- Python sen bibliotecas externas: Python 3 con só a biblioteca estándar; os modelos descárganse á parte.
- Interface no navegador: Tres pantallas, en castelán e inglés: pedidos, comparar e elixir intentos, cola e modelos de composición.
Do diario
· Proxecto · Escribe: Álvaro García Graña · Lectura: 2 min
O que o xerador pintou antes de acertar
Antes de fiarme do meu xerador de imaxes fixen oito roldas de proba. Case nada daquilo se usa hoxe, pero ensinoume a pedir.
- Galivelop IG: Pide, proba, elixe.
- Galivelop-workflow: O que non está subido non existe: a nosa forma de traballar con IA, empaquetada para calquera proxecto.
- toVeriAI: A verdade non é binaria: un índice que explica canto te podes fiar dunha nova.
- Tarkor: Un RPG narrativo onde o mundo segue adiante aínda que ti te deteñas.