Tarkor
Un RPG narrativo onde o mundo segue adiante aínda que ti te deteñas.
Xogo de rol por texto cunha IA local como directora de xogo, nun mundo de peto onde as faccións, a fauna e o teu reino viven pola súa conta. Escribes o que fas, o motor resólveo con tiradas visibles e un narrador cóntao.
Escribes o que fai a túa personaxe, coma nunha mesa de rol. O motor decide con tiradas visibles que acontece e un narrador con modelos de linguaxe locais cóntao. Mentres tanto, o mundo segue: as faccións comercian, cazan e fan a guerra, os rumores viaxan de rexión en rexión, as personaxes lembran o que lles fixeches e o teu reino medra xeración tras xeración.
Xogas con Gorhorn, o último sobrevivente do Clan Maktor, en Berig: un continente sen humanos e con menos de dez mil almas, onde cada morte deixa cicatriz. Debaixo hai unha simulación con regras deterministas que se poden probar; enriba, unha IA que só narra o que xa pasou. Todo o que acontece queda nun Libro de Sucesos coa súa causa, e de aí nacen os rumores, as lendas e as consecuencias que chegan días despois.
Hoxe Tarkor está en alpha: as Chairas do Vento Vermello son a rexión xogable e o fito 0.3 «Reino profundo» está nunha rolda de probas xogando. O resto de Berig chegará rexión a rexión, e a beta traerá o instalador público para Windows e Linux, coa Steam Deck como obxectivo de rendemento.
- Un mundo que vive só: 9 faccións con poboación, economía, expedicións, caravanas e exércitos. Deciden segundo o seu propio estado, nunca por temporizadores.
- Todo deixa rastro: Cada suceso apúntase coa súa causa. De aí nacen rumores que viaxan entre rexións, lendas e consecuencias que chegan días despois: vinganzas, refuxiados, sucesións.
- Personaxes que lembran: Os NPC gardan lembranzas do que lles fixeches e apróbante ou non segundo os valores do seu pobo. Un inimigo que sobrevive pode volver cambiado.
- Un reino por xeracións: Súbditos con nome que forman parella, teñen fillos e deixan liñaxe. Gandaría, comida por tarefas, defensa fronte a bandidos e guerras con tributo ou contraataque.
- O motor decide, a IA narra: Tiradas, dano, experiencia e economía son regras deterministas que se poden probar. O narrador só conta o que xa pasou, e o sistema corta o que invente.
- Rol de mesa de verdade: Un d20 visible con tiradas enfrontadas, 9 clases con 31 especializacións, combate de grupo con iniciativa individual (ata 4 por bando), caza, esfolado e 12 oficios.
- Exploración con néboa de guerra: Mapa de zona por casas onde o que aínda non coñeces aparece como «???». Fauna de día e de noite, catro estacións e tormentas de area magnética.
- Privado por deseño: Sen contas, sen telemetría e sen conexión durante a partida: toda a IA funciona no teu equipo.
- Galivelop-workflow: O que non está subido non existe: a nosa forma de traballar con IA, empaquetada para calquera proxecto.
- toVeriAI: A verdade non é binaria: un índice que explica canto te podes fiar dunha nova.
- Tarkor: Un RPG narrativo onde o mundo segue adiante aínda que ti te deteñas.