Termos de uso
2026-10-31
Que regulan
Estes termos regulan o uso do portal de Galivelop. Usalo supón aceptalos, xunto co aviso legal e a política de privacidade, na versión publicada nese momento.
Uso do portal
O portal é gratuíto e non precisa rexistro. Pídese un uso lícito e respectuoso: non tentar danalo nin alteralo, nin impedir que outras persoas o usen.
Reutilizar o contido
O código do portal ten licenza MIT, e os seus textos e as imaxes creadas por Galivelop, licenza CC BY 4.0, coas excepcións do aviso legal: a marca, os logotipos, as imaxes de cada proxecto e as fotos do equipo. Para reutilizar un texto ou unha imaxe abonda con citar a «Galivelop», ligar ao portal e indicar se o cambiaches.
Propostas e participación
O que nos envías (unha idea, un proxecto, a túa candidatura) segue sendo teu. Envialo non crea ningún compromiso para ningunha das partes, nin unha relación laboral ou comercial: fálase por correo e decídese con cada persoa.
Os encargos acéptaos cada membro pola súa conta, desde a súa páxina: se chegades a un acordo, o trato é entre esa persoa e ti, non con Galivelop.
Produtos e proxectos
No portal non se compra nada: os produtos trátanse por correo, e calquera acordo recóllese á parte, coas súas propias condicións. A información de cada proxecto pode cambiar mentres está en desenvolvemento, «Proximamente» non compromete ningunha data, e o código de cada proxecto rexese pola licenza do seu repositorio.
Cambios, lexislación e contacto
Estes termos poden cambiar; a versión vixente é a publicada aquí, coa súa data. Réxense pola lexislación española, coma o aviso legal. Para calquera dúbida, escríbelle ao titular.
- Correo: alvarogarciagrana@gmail.com
- Galivelop IG: Pide, proba, elixe.
- Galivelop-workflow: O que non está subido non existe: a nosa forma de traballar con IA, empaquetada para calquera proxecto.
- toVeriAI: A verdade non é binaria: un índice que explica canto te podes fiar dunha nova.
- Tarkor: Un RPG narrativo onde o mundo segue adiante aínda que ti te deteñas.