Saltar ao contido

Aviso legal

2026-11-11

Datos do titular

Estes son os datos de quen xestiona o portal. Para calquera comunicación, o medio directo é o correo.

Que é o portal

Galivelop é unha marca, non unha sociedade: o portal xestióno o seu titular como persoa física.

O portal presenta a marca Galivelop: o obradoiro, onde se crean, investigan e comparten proxectos, e Produtos, o que sae del co código aberto e montamos no teu proxecto.

É informativo: non hai compras, pagamentos, publicidade nin rexistro de usuarios. Calquera colaboración ou encargo trátase por correo, fóra da web.

Licenzas e propiedade intelectual

O código do portal é software libre con licenza MIT: podes usalo, copialo e modificalo sempre que conserves o aviso de copyright e a licenza. O código de cada proxecto rexese pola licenza do seu propio repositorio.

Os textos do portal e as imaxes creadas por Galivelop publícanse con licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0 Internacional (CC BY 4.0): podes compartilos e adaptalos, tamén con fins comerciais, citando a «Galivelop» cunha ligazón ao portal e indicando se fixeches cambios.

Quedan fóra desas licenzas, e conservan todos os seus dereitos:

  • o nome «Galivelop», o seu logotipo e o monograma GV;
  • os nomes, logotipos e imaxes de cada proxecto, que son dos seus titulares (os de toVeriAI, do seu equipo);
  • as fotografías das persoas do equipo;
  • os logotipos de empresas, centros de estudos e tecnoloxías de terceiros.

Ligazóns a outros sitios

O portal ligazona a sitios de terceiros: GitHub, Discord, redes sociais e a web de cada proxecto. Galivelop non controla o seu contido nin as súas políticas de privacidade; ao premer unha desas ligazóns saes do portal.

Responsabilidade

A información dos proxectos ofrécese tal cal e pode cambiar: moitos están en desenvolvemento, e o que aparece como «Proximamente» non compromete ningunha data. O titular procura que o portal funcione e que a súa información sexa correcta, pero non garante que non haxa interrupcións ou erros.

Lexislación aplicable

Este aviso legal rexese pola lexislación española. Para calquera controversia serán competentes os xulgados e tribunais que correspondan segundo a normativa de consumidores e usuarios aplicable.