Produtos
O que fan pola súa conta quen forma o obradoiro. O obradoiro non os vende; cada responsable atende os seus.
Galivelop Developer · GalivelopCode
Proximamente
Conecta o fluxo de traballo do obradoiro con axentes de IA que funcionan no teu ordenador. Levan o traballo do proxecto e ti decides que entra. Sen nube obrigatoria e sen pagar por cada uso.
Responsable: Álvaro García Graña
Galivelop Evaluator · GVE
Proximamente
Mide se un cambio no teu sistema de IA o mellora de verdade. Garda cada proba e móstrache que sobe e que baixa, con probas que se poden repetir.
Responsable: Álvaro García Graña
Sen prezos. Para saber máis, escríbese ao responsable de cada produto.